BLOGME TENDAL CICVII: Apariencias

BLOGME TENDAL CICVII: Apariencias

blogme 197rO que me chama deste tendedeiro non é a roupa senón eses “capuchóns?” , o branco, o amárelo… para que son. Na esquerda de todo hai unha redeciña que xa coñecía aínda que é a primeira vez que vexo tendida, e supoño que ha de ser para levar os suxeitadores dentro da lavadora. Bonito paradoxo, suxetar ós suxetadores! Pero os “capuchóns?”

Outra cousa que me chama é a distinta figura que pintan os vestidos e a roupa interior. Vestidos longos e lanzais combinados con intimidades de talla. Dúas mulleres nunha. Que saen á rúa xuntas, abrazadas, prendidas unha na outra. Inseparables. Saen á rúa xuntas e saen ó tendal separadas. Quen as queira ten que as querer ás dúas, non hai escolla posible. Así é a rosa. Así é a roupa. Así é o tendal e máis quen o tende.

Hmmm quen acompañe estas roupas á intimidade …

No Comments

Post A Comment

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.

Warning: realpath(): open_basedir restriction in effect. File(/) is not within the allowed path(s): (/usr/home/devavelinogonzalez:/home/devavelinogonzalez:/tmp) in /usr/home/devavelinogonzalez/www/wp-includes/l10n/class-wp-translation-controller.php on line 106