contos

A roupa é espectadora descontinua da competición cotiá de coches a ir e vir por un circuíto non homologado pero regulado. Un circuíto curioso por que non se lle coñecen liñas de saída nin metas finais. Só un ir e vir, este si, continuo, cíclico,...

Volvo con este tendedeiro porque, coma case sempre, chama de primeiras a atención a roupa do home, polo que ocupa, malia que non sexan as mans que lavan e tenden e recollen e alisan...

E á espera. Preparado pra acoller calquera roupa. Ese plásticoé comounha desas cortinas de urxencias que separan unha cama de outra, que preservan as doenzas de olladas alleas. Cos útis necesarios pra calquera intervención: as pinzas. Non hai moito risco aquí. As pacientes pasan só...

Dende atrás da barreira das plantas, asoma o trapo de limpar. Ese trapo tan natural como as plantas. Tan natural é limpar como manchar. O trapo e as plantas teñen en común a cor: A cor do mar. Natural....

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.