BLOGME TENDAL CCCVIX: Tendedeiro precario.

BLOGME TENDAL CCCVIX: Tendedeiro precario.

Non é que a roupa estea mal tendida, que o está.

Este tendedeiro cuspe, contesta desabrido aínda que non lle preguntes.

Hai vidas duras que están na corda, como esta roupa. Collidas con pinzas, como esta roupa.

Hai tanto infortunio que non sabe por onde empezar a buscar a fortuna desexada; hai tanto que facer que non sabes por onde empezar e non che dá tempo a rematar.

Non é que a roupa estea mal tendida.

No Comments

Post A Comment

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.