BLOGME TENDAL DXXXV: Xogan as pinzas

BLOGME TENDAL DXXXV: Xogan as pinzas

Xogan as pinzas á tirolina.

Xogan as pinzas á corda frouxa.

Xogan as pinzas mentres non chegan as mans que as tensan, e tanta carraxe lles dá que interrompan os seus xogos, que traban firme e con carraxe na roupa cando chega.

Sen comentarios

Publicar un comentario

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.