BLOGME TENDAL XII: un tendal de reflexos

BLOGME TENDAL XII: un tendal de reflexos

Cando o vin non sabía que pasaba. se había roupa tendida fóra, se había roupa tendida dentro, se había roupa fóra e dentro… se tiña a vista nublada…

 

Por fin identifiquei o choio: Eran reflexos. Un tendal de reflexos.  Moitos reflexos e só dúas pezas de roupa.  O sol pon a tender as súas cousas. O sol tende á sombra. As prendas do sol están recén lavadas, hoxe lavou uns pisos e edificios, por iso saen tan enrugadas como o trapo que usou para limpar e o tanga que non sei se roubou, colleu prestado ou usa el mesmo. Porque todo é dourado e amarelo. Con esas cores, supoño que todo é del.

Canalla.

No Comments

Post A Comment

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.