Autor: Avelino González

Por que? Estará en cuarentena? Estara discriminada por distinta ou por distonta? Desterrada? Illada? Non parece que sexa por cousa boa. Hai tensión neste tendal, vese que a discrimincación ou afastamento non é boa. A fasquía que ten esta trandeira é ruín, embarullada. As prendas mal...

Velaqui están. As mans que tenden a roupa, as mans que tensan a corda, as mans que remexen na roupa suxa e logo téndena e recóllena e pránchana e prégana e gárdana. Hai mans autárquicas que só tratan ca roupa que visten, hai mans globalizadoras...

Velaquí están elas. Fermosas. Deshindibidas, marabillosas. Libres. Ofrécense. Para compartir un baile. Se non hai ninguén, porque ninguén se atreva, elas soas bailan unha danza libre, desinhibida, marabillosa. Natural. Para bailar ó natural só hai que deixarse levar polo natural, e non hai parella...

Que mal farían, coitadas! Só hai pinzas para os calzóns. Será porque foron as únicas prendas que despois de seren sometidas a tortura acabaron confesando e, seguro, delatando. As outras roupas, camisolas e calcetíns (coitados estes), íntegras e comprometidas cos ideais, resisten a esta tortura...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.