Autor: Avelino González

E para que liarse a tirar cordeis, que ocupan o balcón? Pero un cordel si que se tirou e xusto por diante da porta. Será para non esquecerse de recoller esa roupa antes do resto? Espero que a vasoira apoiada enriba estea limpa. Pero...

Gustaríame coñecer a esta chica. Porque é de chica. Vive soa. E leva dous días de ocio e tempo libre, nos que deu dúas imaxes distintas, aínda que non tanto. Un dos días debeu de ir á praia, con ese vestido curto, que moito...

Non consigo evitar que me prenda este tipo de tendal dunha prenda só. Case sempre feminino. Unha das voces que me acode é a do morbo, recoñézoo.  Pero non paga a pena escribila. Outra é sempre a de imaxinar como se lavou esa prenda...

A imaxinación e a modernidade van sempre da man. Só hai que ter ollo cos prexuízos. A veces son bos, a veces non. Neste tendal por exemplo, hai unha combinación de tendal vertical e horizontal. A trandeira vertical é variada, pero o tendal horizontal...

O único que se sabe é que hai vento, que hai roupa. Mais nada. O resto depende do punto de vista. É o vento quen puxa da roupa para atrás, exercendo de antidisturbios "Atrás por favor, atrás"? Ou é a roupa quen fai de...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.