Autor: Avelino González

Pra pescar chocos úsase a poteira. Unha ferramenta chea de ganchos que deben facer dano no coitado do choco que apañe. Claro que o choco vai a ela de propio intento, mentres que a esta van as roupas forzadas, nada atraídas, levadas maiormente pola man...

Cando os tendedeiros son monográficos, coma este, adoitan estar todas pezas do mesmo xeito. Neste non. Hai dúas castes. As dependentes, que necesitan asistencia das pinzas e as independentes. Estas últimas teñen un aquel cruel: máis tendidas, parecen aforcadas. Coitadas. Condenadas E executadas....

Esta caste de edificios adoitan ser mudos de tan exquisitos que os pensaron. Como moito admiten plantas, mellor se son de plástico. Que cando deixan de lucir tíranse e substitúense por outras sen mancharse. Pero os edificios, son moi sociables, gustan de socializar, conversar. Este está...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.