Blog

Collidas polas mans, digo polas mangas! contemplan o mundo. Contemplar non é un acto senón unha actitude. “Agora estou a secar, e mentres seco, espero” Non se sabe se esperan algo. Pero iso é cousa delas. O meu é a serenidade que transmiten, a serenidade de estaren en boa compaña....

Protexida por unha garda de xeranios, a roupa limpa asoma ó balcón. Non se sabe se saúda ou se contempla, pero há estar ben limpa, como só limpan as mans que saben coidar das plantas....

Conócese que en todo hai clases. Roupa dentro e roupa fóra. Que a gustiño ha estar a de dentro! Pero eu penso que pode ser máis por unha cousa de xeito. É máis a xeito que no tendedeiro de dentro estea a roupa miúda, que colga menos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.