blog me tendal

A benzón papal urbi et orbe non tería mellor balcón que o da basílica de san pedro: un tendal. Mellor roupa que o uniforme talar: un xersei rosa. Mellor chapeu que un capelo: Unha coroa de pinzas. Mellor benzón urbi et orbe que a...

A planta medra dende debaixo do chan, e apóiase nel tentando chegar ó ceo. Lóxico. As plantas son unha curiosa combinación de esterco e flor; cando xa non poden subir máis, estrícanse como poden por chegaren máis altas e dese esforzo sae a flor. A...

Coitada! Que mal fixo para ser tratada así? Vese roupa abrigosa e agradable ó tacto. E di o sol da foto que se é á tardiña, non é sitio de vento, así que xa ten que estar posta na corda coma o carallo, sen pinzas! Canta...

Este estendal é de muller maior. Dunha vella, as cousas polo seu nome (só chega a vella quen non morre antes). De cativa traballou no campo ano tras ano. Trataba ás plantas e ás flores polo seu nome, que é como se trata a...

Velaquí estas roupas que non están a secar. Están a bailar danza contemporánea. O seu seu dono posiblemente sexa seareiro de cervexa e cigarro e voz en berro e insulto a prol de ninguén e só en contra de quen cadre e polo que sexa. Pero...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.