blog me tendal

Quen sestea? Sestea o sofá, sestea a propietaria do sofá? Que bonito sería que sestease o sofá, acubillo de tantas sestas e cabezadas provocadas polo sono, o cansazo e/ou o aborrecemento. Que bonito sería que quen usa o sofá sestease no tendal, nas tardes...

E xa está. Non fai falta máis nada.  En canto seque non necesita poñer máis para camiñar descalza polo monte, pola praia. Herba nos pés, vento no pelo, nada nas mans, mundo nos ollos, non precisa máis para ir vestida. ...

E creo que non fan falta máis comentarios. Por unhaparte penso: "Pena de escopetín". Por outra en chamar á casa: "Non chove, pero mellor que recolla roupa". Non sei que facer, estou atordado pola pregunta do meu sobriño: "As pombas tamén limpan o cu?" ...

A min que deus mampare: Este tendal é de home! A ver se vai resultar que é un tendal de muller. Feito por unha muller quero dicir. E nese caso, a relación ca roupa fala da relación con quen a viste? A min que deus...

Ai a lavadora! Canto fixo polo progreso humano, pola liberación da muller, polo acceso do home ás labores do fogar e pola conciliación familiar. E polo frenesí de fin de seman! Este tendal, por exemplo: É imaxinable a vida desta casa un sábado, ou un...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.