blog me tendal

Xogan as pinzas á tirolina. Xogan as pinzas á corda frouxa. Xogan as pinzas mentres non chegan as mans que as tensan, e tanta carraxe lles dá que interrompan os seus xogos, que traban firme e con carraxe na roupa cando chega....

E vai tanta calor estes días, que ca sábana chega para durmir a gusto. Non fai falta máis. O suxeitador, que hai noites que é necesario durmir con el posto, aínda que sexa só ó primeiro. Ata que elas tamén quedan durmidas...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.