Tendedeiro fugaz de piso turístico.
Seguramente de roupa suada lavada na bañeira ó tempo que se ducha quen as viste.
Tendedeiro de urxencia: lavo e seca e visto mañán.
A roupa de fóra a secar, e a coitada da toalla, mal pendurada da xanela, mirando ó mundo...
Varandas recicladas en tendedeiros.
Fácil, evidente. Botar man do que se ten a man. E que a roupa estea ben tendida depende, sempre, do xeito das mans que tenden....