De secar. E postas a esperar que mellor que esperar tranquilamente sentadas, en cadasúa cadeira, en tranquila e relaxada conversa, ó sol. Sen presa.
Canta envexa non ten a ama destas súas roupas.
Canto non lle prestaría a ela sumarse cun café, cun té, cun gintónic,...
A camisa, tan formal ela, na súa percha, e discreta, detrás da xanela ou da cortina.
A suaeira, tan informal ela, sentada do bordo, cas mans por dentro non vaia caír.
A camisa reprocha tanta informalidade: Non di ben sentar no borde dunha xanela, non só...
Está o aire a tender.
A cuberto. Non sempre lle presta ó aire estar ó aire. Tamén gusta do acubillo. Non lle presta estar sempre ó ventimperio!
Esa expresión: “ó ventimperio!” Ese aire arroutado e destemido
Mesmo nos aires hai quen se dá aires.
E as pinzas, profesionais,...