Son as mesmas mans as que tenden nos dous tendedeiros e no último momento e cas presas, quedoulle desparellada esta roupa interior.
E pra que non se sintan desqueridas, por non volver subir ou baixar escaleiras, púxoas no mesmo lado dos balcóns ata que...
A vedette no primeiro plano con ese puntiño sensual e ambigüo de cadeira.
Os boys atrás, rudos e enmarcando a beleza e o protagonismo do verde suxerente.
Acabo de me decatar que estou trabándome o beizo de abaixo...
Abaixo un home. Solteiro.
Arriba unha nai. Soa, dende logo, non.
Igual podía el ir convidala a algo.
- Bo día, son o veciño do primeiro. Queres que che planche a roupa?
- Pois ...