Inicio

A ferruxe a roupa, non se levan? Igual si e case sempre por necesidade. Porque dá preguiza mudar os soportes enferruxados. Pero é que cambiar eses soportes é traballo. Non é poñer unha barra por outra. Hai que cortar, furar, limpar, nivelar e cimentar. É traballo. Compensa...

Cada quen ten o seu lado da cama. Ela dorme con pixama, el só con camisola de asas. O home é case sempre máis caloroso que a muller. E ela debe ser frioleira porque a baixeira é das que dá calor. En calquera caso os dous...

Á espera. Espera o cliente e esperan as toallas. Espera o cliente ó carón da toalla. Poderá escoller toalla o cliente mentres espera? E se as toallas puideras escoller? Igual non escollían cliente. Igual escollían converterse en plumas de ás e converter o tendedeiro en paxaro e marchar...

Risco era iogui, bailador, bohemio, neneiro, retranqueiro, coqueto e preguiceiro. Tal era. O mundo de Risco está esparexido polo Libro da Selva, Harry Potter, os Beatles, o budismo, a marihuana, Walt Disney...

Toda a roupa tan formal a secar, que este pantalón ca perneira caída non se sabe se está a bailar West Side Story nun desfile marcial de roupa civil ou está recuperándose da chea que apañou esta noite. Ha pensar que aínda está vestindo...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.