Inicio

Tendedeiro de muller traballadora, pendente de chegar á fin de mes, non ten coqueterías nas medias, a roupa interior ten pinta de ser de supermercado ou de feirón. Non hai tempo pra lavar o trapo aparte. Hai tanto que facer e tan mal pago que...

Catro babeiros pra lle dar de comer á nena. O terrible sería que a nena collera tal perrencha que manchara non só os catro babeiros, senón tamén o pixama da nai. Cada comida un pixama e catro babeiros...

Son tendedeiros veciños. Nun un neno e noutro unha nena. Oxalá sexan tan veciños coma os tendedeiros e, así como os tendedeiros xogan co mesmo aire, que eles xoguen na mesma rúa. Á vida é máis divertida ó ventimperio....

Así como pola noite se contemplan as estrelas, polo día contémplanse os tendedeiros. Falan. Falan de vez. Tanta cousa contan que dá pudor escoitar. Este tendedeiro é unha festa comparado con eses edificios que son iguais calquera día a calquera hora do día. Guirnaldas de roupa...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.