blog me tendal Tag

Un tendedeiro baleiro non é inútil. Nin mudo. Fala da casa xa que non da xente da casa. Da espera tranquila á que o devir da vida traia roupa, traballos, tensións, descansos. Este fala de mestura de pinzas de plástico e madeira e escaseza de...

[gallery ids="2162,2163" type="slideshow"] Esta brancura inmaculada foi tendida soa. Afastada do coitado peluche que está ó seu carón, de costas, deitado na corda, sen entender que carallo fai aí, onde non pode xogar. Se foi tendida sóa, é que foi lavada soa, a man. Nunha tina,...

Home, maduro e ben mantido. Tripón de tripa ben mantida con churrasco e bacallau á brasa, patacas para acompañar e ensalada para dar un toque de cor. Chegar de traballar, traballo duro (manual ou non) e toparse ca felicidade de sofá, mando a distancia, cervexa...

A roupa merece outro trato e non este tirala na corda, chantarlle unha pinza e tira da corda, e outra peza e outra pinza e tira da corda, e … así sucesivamente. Coitadas, están tiradas á baqueta, de calquera maneira, non importa como queden. Póñenlle...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.