blog me tendal Tag

O primeiro está triste; o segundo pide perdón; o terceiro e o cuarto non están nada arrepentidos e aínda se poñen farrucos; o quinto e o sexto teñen medo de lles caian unas boas loscadas. Admítense máis argumentos...

Pode non ser. Á marxe do xénero, imaxino a esta parella facendo moitas cousas á par, pegadiños un ó outro (Deixádeme imaxinar que é home). Descubrindo o mundo, que sempre foi pero está a ser novo outra vez. Lixáronse no campo, ou no parque,...

Ser ou non ser. Ser roupa tendida ou ser roupa caída. Estar aí para secar ó ventimperio mais ós rebufos dos coches, ou quedar enganchada nunha alcaiata, gancho, aro, arandela, pincho que frea a caída dende unha xanela ou outro tendal. Lavada ou abandonada,...

Hai tendais coquetos que non lles gusta que lles dea o sol e os queime, empardeza as cores, mate os brillos, apague a louzanía. Por iso, gozan do sol, si, pero á sombra. como aquelas señoritas da "sociedade" que gozaban do sol protexéndose del. Que...

              Así como o sol avanza ó redor da terra e a humanidade trata de traducir o percorrido sol en reloxos que nunca concordan, as cousas que fai a xente ó longo do mundo permíteche facer viaxes no tempo....

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.