blog me tendal Tag

Non me custa nada imaxinala sentada, así lixeira de roupa pola calor abafante; cos dedos das mans entrelazados, sen tele, sen radio; nun silencio rebentado polo estrondo dos pensamentos, mentres os ollos, dirixidos á xanela atrás da que está o tendedeiro, miran un universo...

Son o lumpen do téxtil doméstico. Os arrastrados, imprescindibles e marxinados. E é necesario marxinalos, por saúde, por hixiene e por comodidade. Canto se lles debe e o mal que se lles trata! A traxedia é que non pode ser doutra maneira...

Pra min que é de muller, madura xa, e soa. Élle, igual, unha benzón, así pode vestir esa roupa de cores suaves, pacíficas, sosegadas. Hai saber do trebón pra gozar da calma...

Muller, soa, madura, separada pero con familia. Esa desorde fala da distancia entre a insatisfacción da vida que vive e a satisfacción da que lle gustaría vivir, pero cada día mira difícil poder vivir....

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.