clothes line Tag

A camisa, tan formal ela, na súa percha, e discreta, detrás da xanela ou da cortina. A suaeira, tan informal ela, sentada do bordo, cas mans por dentro non vaia caír. A camisa reprocha tanta informalidade: Non di ben sentar no borde dunha xanela, non só...

Está o aire a tender. A cuberto. Non sempre lle presta ó aire estar ó aire. Tamén gusta do acubillo. Non lle presta estar sempre ó ventimperio! Esa expresión: “ó ventimperio!” Ese aire arroutado e destemido Mesmo nos aires hai quen se dá aires. E as pinzas, profesionais,...

É tan raro atopar un tendedeiro só de roupa interior de home! Os tendedeiros de roupa íntima de muller son do máis común. Moitas veces dunha prenda só. Aquí el xuntou as prendas de seis días: seis calzóns e seis calcetíns. Seis. Terá un ciclo de lavado?...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.