clothes line Tag

Os trapos tamén namoran Manuel, Manueliño, a túa chaqueta ben cheira, cheira a rosa, cheira a flor, cheira a flor da laranxeira Non hai flor, non hai flor, Maruxiña, non hai flor como a túa e a miña; non hai flor, non hai flor, Maruxeira, non hai flor como a da laranxeira....

A casa feita do fondo, con envexa de morar nun encofrado? A natureza do fondo, con pólas e follas, con vontade de ser árbore con pólas de corda e follas de cores?...

A pedra garda a lembranza do lume vello. As pedras todas gardan a lembranza da calor dos tempos fríos. A roupa a secar é un tributo da memoria das mans que quenceron naquela calor ó viren do frío. Cando se volven vestir, esas roupas dan unha...

Espiuse e marchou. Deixou a casa arranxada e a roupa lavada e marchou. Non deixa atrás miseria ningunha. Para que? Sabe que a vida é mancharse e limparse e volver mancharse e saber limparse. Unha vez e máis outra vez. Marchou espida, limpa e lixeira. Non necesita volver. O...

Miran, só miran. Non se sabe se esperan. Nin se sabe a que miran. Pero miran con mirada cega. Á espreita. Mentres airean pola regaña da xanela espreitan e inquedan. Se paro, desafían; se miro, retan; se apuro ...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.