clothes line Tag

Había unha vez unha parella que vivían nun barrio de edificios onde vive xente, nun “polígono residencial” que poderían chamalo. Este tipo de sitios onde hai edificios e edificios e edificios de catro pisos e rúas e aceras e contedores de lixo e piñeiros...

O esquema é o natural. Enredadeiras como raíces abaixo. Froitas maduras, vermellas no alto. Se a esta persoa lle dás unha horta fará unha horta fermosa. Se lle dás unha horta porá a roupa ó clareo. Cando esta persoa mira pola xanela, mira natureza. O natural...

Profesional, moi profesional. Uniforme de traballo multidisciplinar. Pra limpeza e xardinería. Cómoda. O pantalón de mahón que se pode manchar; calcetíns de cor, esa maneira feminina de chamar pola alegría; e as prendas de arriba cómodas e refrixeradas pra que a suor do esforzo...

Isto é unha especia de cárcere de Alcatraz ou Sing-Sing, como estes aparellos matamoscas e mosquitos, pero pra calcetíns. En fin, todos sabemos da artería dos calcetíns pra desparellarse igual...

Non é que a roupa estea mal tendida, que o está. Este tendedeiro cuspe, contesta desabrido aínda que non lle preguntes. Hai vidas duras que están na corda, como esta roupa. Collidas con pinzas, como esta roupa. Hai tanto infortunio que non sabe por onde empezar a...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.