estendal Tag

Veciñas e distintas e distantes. Non se falan, o “body” e as toallas. As toallas, tan grandes que todo tapan poderían abafar ó “body”. O “body” co seu tamaño e as súas formas definidas pra suxerir o que non se amosa, gusta de ...

Entre a porta e a varanda. Sen escapatoria. Non lle queda outra que agardar con paciencia a que abran as portas. Entón derrubarase no chan, sen folgos nin azos, pra respirar, desintoxicarse do fedor das zapatillas de abaixo. A gorra tivo mellor sorte....

Sábese que hai home porque está fóra do balcón. Sábese que hai muller porque está dentro do balcón. Sábese que hai neno, ou nena, porque está fóra do balcón. Sábese que hai dragón porque está fóra do balcón. Os dragóns, coma a xente, gustan de andaren ca roupa...

Despois de cear, antes de apagar a luz. Asoma o tendedeiro á xanela a mirar a noite, ó barrio de noite. A veces hai alguén do outro lado que asexa á súa vez ó tendedeiro, creando un círculo interminable de asexos. Ata que se apaga a...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.