Podería ser unha metáfora da represión
Podería ser unha metáfora da naturalidade
Podería ser unha prenda de amor
Pendurada así, ó acaso, podería ser ...
Dúas arquitecturas unidas por outra.
Paisaxe dialéctica ca tese natural e a antítese constructiva e a síntese do tendedeiro que combina as dúas.
Tese, antítese e síntese atravesadas polo vento que rima co tempo.
Se eu fose vento prestaríame esta paisaxe: Está chea de xente ca que...
Os guantes aplauden o marabilloso traballo do caldeiro.
Fixo unha posta en escena limpa, pulcra, esencial. Tirou todo que sobraba do espazo escénico, que agora é acolledor é pode acoller igualmente o Hamlet de Shakesperare ou o de Cunqueiro.
O pano non é de fondo,...
Nin sendo bonito apetece poñerse a lavar roupa aí.
E é bonito!
Pero nin así apetece meter aí as mans.
E para que serán esas taboíñas que penden da armadura do tellado?...