tendal Tag

Ás veces, as apariencias enganan. Cando vin isto, pareceume ver o que en realidade non vía. E cando reparei no que vía, vin o que os meus prexuízos non me deixaban ver: A realidade. Mira ti, cantas veces non vemos máis que o que queremos ver...

Sempre se dixo: Non mestures a roupa branca ca roupa de cor! A roupa branca é delicada de seu, tanto ten o tecido. O branco é unha cor pouco sufrida, chivata, queixona, chorona...

Seguro que non os mesturou co resto da roupa. Tan arrastrados sempre, tan pechados, sempre, tan sufridos, tan suados sempre. Contaminarían ó resto da roupa. Seguro que os meteu nunha tina, en deterxente cunhas pingas de lixivia, e algunha de amoníaco. Alí a remollo...

  Non teño para pintar as xanelas, non teño para amarrar ben o canalón, non teño. Non teño para non sei cantas cousas non teño. Pero limpeza e aseo van con cada quen. Queda a miseria na casa, á rúa saio de corpo enteiro, co...

A benzón papal urbi et orbe non tería mellor balcón que o da basílica de san pedro: un tendal. Mellor roupa que o uniforme talar: un xersei rosa. Mellor chapeu que un capelo: Unha coroa de pinzas. Mellor benzón urbi et orbe que a...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.