tendal Tag

Dáme que están tendidos con mais xeito os calzóns que as bragas. Porque están pinzadas xusto por onde máis aire e sol necesitan. A ver se non tendeu ela...

Non sei para que é esa cousa longa de tea con forro. Pero os tendedeiros que só teñen roupa de muller, sempre me dan o aquel de convidala a algo. A unha conversa....

A roupa é espectadora descontinua da competición cotiá de coches a ir e vir por un circuíto non homologado pero regulado. Un circuíto curioso por que non se lle coñecen liñas de saída nin metas finais. Só un ir e vir, este si, continuo, cíclico,...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.