Adoro este tendal, máis que tendal é paisaxe, humana. Clásico. Colocado enriba do pozo que está ó carón do pilón e combina co pexegueiro mais co camelio e a figueira e a maceira e a viña e a oliveira e a uralita e ca...
Na inmensidade do tendedeiro poucas pezas e arreboladas. Na inmensidade do branco pouca cor pero destacada.
Están lavadas a man, quen pon unha lavadora só por esta pouca roupa. E toda feminina. Abonda con ver os calcetíns, raro é o home con esas cores nos...
Se non estás no post orixinal, podes ir a el picando aquí
Tendedeiro entrado en anos. Todo cadra. Só hai unha prenda: hai muller na casa. E non di máis. Hai pinzas e mais pinzas, pero non queren dicir que haxa máis xente na casa,...
Está papá, que ben se ve pola camisola que é grande, e pola toalla de baño que tamén é grande.
Está a pequena, que se ve que é pequena polo pixama, e pola cor da roupa da cama, e polo tamaño da roupa da cama;...
Bolsa, zapatillas grandes e pequenas de home e de muller, toalla que xa secou en mil batallas, panos gastados, de vestir só hai un pantalón e unha chaqueta. E dúas prendas íntimas. A lavadora é selectiva, no lavado a man todas as prendas son...