tendedeiro Tag

Se é certo que a beleza está na proporción, este tendedeiro é fermosísimo. A parede garda unha relación de proporcionalidade estética non ca uralita plástica, senón ca súa inclinación e mais ca ferruxe dos soportes e co cordel, e máis ca xanela de aluminio...

Lémbrame ó conto de Dieste do home que nace vello e vive a vida ó revés. Lémbrame ó poema de Avilés sobre Ludmila, quen no seu sangue leva os sangues todos de quen foi antes e quen virá despois. Nestas roupas están os homes...

Para ser tendedeiro “de home” non está mal. Os pantalóns polo revés (como ten que ser, para que nin botóns nin cremalleiraprendan noutas pezas máis sensibles), con cadansúas tres pinzas máis reforzo (que os vaqueiros son duros coma a carne do pescozo) e cada...

A esta chica gústalle bailar e lucir palma, que para iso se ten. É alta, iso sempre é un plus, as pernas longas sempre espertaron un aquel polo alpinismo nos ollos dos cobizosos (hai alguén que non o sexa?). Este é tendedeiro de domingo....

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.