tendedero Tag

Seguro que hai xente que axeita as cores da roupa da cama ás épocas do ano. Seguro. Como hai xente que axeita as cores da roupa da cama ó estado de ánimo ou a situacións concretas. Así que poden ser cores de de semana santa...

Cando os tendedeiros son monográficos, coma este, adoitan estar todas pezas do mesmo xeito. Neste non. Hai dúas castes. As dependentes, que necesitan asistencia das pinzas e as independentes. Estas últimas teñen un aquel cruel: máis tendidas, parecen aforcadas. Coitadas. Condenadas E executadas....

Esta caste de edificios adoitan ser mudos de tan exquisitos que os pensaron. Como moito admiten plantas, mellor se son de plástico. Que cando deixan de lucir tíranse e substitúense por outras sen mancharse. Pero os edificios, son moi sociables, gustan de socializar, conversar. Este está...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.