BLOGME TENDAL CLVII: Tendal xubilado

BLOGME TENDAL CLVII: Tendal xubilado

blogme 157Velaquí están, como no verso de Celso Emilio Ferreiro: “Agora tomo o sol, pero ata agora…”

…agora esta roupa de xubilado laboral e, case seguro prexubilado vital, está a tomar o sol, mirando os montes, outeiros, cochos, cerros, cotos, tesos, touticeiras, penedos, penelas, poios, rocha, moreas, cheas, mandas, ermos….. a quen sempre tratou polo nome, de ti, e aínda trata.

Agora chámaos polo nome na distancia de quen ve canto mundo sempre houbo e que pouco percorrido lle queda. Xa só pode camiñalos ca vista e a lembranza dos camiños paso por paso, croio por croio.

A roupa, coma as árbores, á capricho do vento, pólas e mangas e follas e lapelas por igual ó abano do vento, ó ventimperio que trae e leva, que trouxo e vai levar. Nin o aire nin a roupa nin as árbores son as mesmas.

Se cadra estou eu trabucado. Quen mirará a quen? A roupa ó monte ou o monte á roupa?

2 Comments
  • avelino gonzalez
    Posted at 13:27h, 27 Xaneiro Responder

    Diana Vila Barros Imaxina como é durmir nesas sabas que cada sema repiran aire puro, sabas libres, aireadas, batidas polo vento, sen esquecer lavadas en auga pura…..o corpo que descanse nelas ten que percibir esa serenidade

  • avelino gonzalez
    Posted at 13:27h, 27 Xaneiro Responder

    Jose Luis Gutiérrez García Mira el monte a la ropa, que le da envidia de la color

Post A Comment

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.

Warning: realpath(): open_basedir restriction in effect. File(/) is not within the allowed path(s): (/usr/home/devavelinogonzalez:/home/devavelinogonzalez:/tmp) in /usr/home/devavelinogonzalez/www/wp-includes/l10n/class-wp-translation-controller.php on line 106