BLOGME TENDAL CICV: Resaca

BLOGME TENDAL CICV: Resaca

blogme 195rE chegan as roupas de noite de marcha. Deron a volta ó marcador, reengancharon un sol con outro. Porque non están tendidas a secar. O pantalón caeu pra atrás, as camisas debruzáronse na varanda para gomitar os humores e cheiros da noite, airear os excesos. Un chisco máis e alá van!

A verdade é que dan un chisco de pena. Que lles dea ben o aire e se lles pase a resaca.

No Comments

Post A Comment

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.