BLOGME TENDAL DCLXX: Vencidos

BLOGME TENDAL DCLXX: Vencidos

Revirados, rotos, estragados, maltratados.

Veñen dunha batalla dura.

Loitaron contra a lavadora, non se sabe con que armas. Semella que a lavadora gañou. Arrincoulles a divisa de lixo.

E pola fasquía dalgún pantalón, debeulle arrincar o lixo con furia ata o desgarro.

Quen recolleu ás vítimas do combate, ten espírito da cruz vermella.

Velaquí os tendeu, ó carón dunha planta de aloe vera.

Para que os pantalóns curen as feridas de estaren limpos

Sen comentarios

Publicar un comentario

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.