BLOGMETENDAL DCCLXXI: Follas

BLOGMETENDAL DCCLXXI: Follas

Son follas.
O tendedeiro é unha árbore ou é mato?
Ter, ten a feitura do sabugueiro, que é todo pólas.
A fasquía é de follas, pero acomoda ben ca flor do sabugueiro que cambia de cor.
A cores do tendedeiro tamén mudan cas estacións do ano.
Cada especie natural ten unha evolución e fasquía uniforme, a especie dos tendedeiros ten moita individualidade nas follas e nas pólas.
Son follas, que coma todas, queren sol, se ben as do tendedeiro pertencen á especie máis tola da natureza

No Comments

Post A Comment

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.